PETO DE ÁNIMAS DE BARBADÁS

Etnográfico
727

Localización

Parroquia: Barbadás (San Xoán)

Lugar: Barbadás

32890  Barbadás - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 58.5" N - 7º 53' 12.5" W

Descrición

O peto de ánimas concíbese en leve resalte co resto do paramento, alcanzando este unha altura definida polo monumento. Sinxelos barrotes entrecruzados protexen a fornela escavada en medio punto, as súas xambas cobran identidade no extremo inferior, desenvolvéndose en baseas provistas de touro e plinto; se ben a repisa presenta perfís rectilíneos, no frontón que remata a obra advírtense molduraciones, figurando na súa cúspide unha cruz latina en medio relevo, enmarcando a súa silueta unha inscrición de letras pintadas xa ilexible: só no tímpano pode apreciarse a lenda: ANIMAS. Data de construcción 1867.
Ocupa a fronte da escaleira con dobre acceso á capela de San Mauro.

Acceso

Está no núcleo de Barbadás, a escasos 20 metros do concello de Barbabás. Colleremos a rúa entre o Concello e o parque que está a súa dereita e xa se ve a capela que ten no seu fronte o Peto de Ánimas.
Arriba