Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA MARCELO&body=Recoméndoche que leas a información CASA MARCELO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/11347/casa-marcelo?ctre=142%26langId=gl_ES%26tp=24
Rúa das Hortas 1
15705 Santiago de Compostela - A Coruña
Referente entre os seus colegas, Marcelo Tejedor está considerado pioneiro da alta gastronomía galega. Á fronte de Casa Marcelo, un dos restaurantes coa proposta máis singular en Santiago de Compostela, a súa apertura en 1999 resultou unha novidade ao carecer de carta e ofrecer por primeira vez un menú degustación.
O restaurante pasou por varias etapas, incluída unha como gastrobar cunha oferta culinaria na que se axuntaban influencias galegas e xaponesas, xa que Tejedor declárase namorado da cociña rueira e informal do país nipón. Actualmente, en pleno 25 aniversario, o proxecto culinario xira unha vez máis arredor da creatividade a partir da súa propia traxectoria, facendo fincapé na raíz galega e envolto en formato de menú degustación.
A súa linguaxe culinaria baséase na sinxeleza, ao modo da cociña tradicional galega. Para este cociñeiro a receita do polbo á feira, na que con tres ingredientes obtense o máximo resultado, expresa o obxectivo que se quere lograr. Tras corenta anos de traxectoria, desposuírse do accesorio para lograr o esencial é a súa forma de concibir a gastronomía.
Tejedor entende a cociña como un acto xeneroso cos comensais e con outros cociñeiros. A cocción de peixes a baixa temperatura, como o seu prato de pescada de Celeiro, a fritura de escarapote ou as emulsiones de coláxeno de peixe, como a salsa de pil pil ao limón, son selos de identidade da casa, cuxo tratamento adaptaron numerosos colegas durante estes anos.
O chef destaca que actualmente Galicia conta cunha xeración de cociñeiros de moi alto nivel que soubo gañarse a confianza dos clientes a base de esforzo e dunhas propostas ben deseñadas.
O equipo de Casa Marcelo está formado por dezasete persoas que traballan nunha cociña aberta á sala. Unha única mesa alongada recibe aos comensais, convidándoos a intercambiar impresións e a establecer conversación compartindo espazo. O silencioso xardín traseiro espera a quen opte por gozar da sobremesa entre unha sinfonía de verdes.
O chef participou activamente na peculiar decoración do restaurante, onde conviven ilustracións figurativas e xeométricas. Esta creatividade canalízaa actualmente no deseño e autoprodución de pezas de cerámica que incorporará á vaixela, así como na investigación de receitarios inspiradores, como o chinés ou o peruano.
Tejedor promove o traballo colaborativo. O equipo de cociña está liderado polo vigués Luis Alonso e o de sala polo tándem formado por Fernando García e Marcelo Rugiero. Todos eles son os verdadeiros protagonistas da experiencia Casa Marcelo.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.