Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA SOLLA&body=Recoméndoche que leas a información CASA SOLLA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/1413/casa-solla?ctre=142%26langId=gl_ES%26tp=24
Parroquia: Poio (San Salvador)
Lugar: Sineiro
Avenida Sineiro 7
36005 Poio - Pontevedra
Contacto para reservas
A Casa Solla accédese por unha horta repleta de árbores cun hórreo, como adoitaba ser frecuente nas casas galegas tradicionais. Aquí abriron os pais de Pepe Solla o seu restaurante, á fronte do cal está el dende fai uns vinte anos.
O chef basea a súa cociña no produto, na identidade e no territorio. Unha parte fundamental do seu traballo céntrase na selección dos recursos cos que se abastece. Considera imposible alcanzar un alto nivel nun prato, se non se está seguro de que o produto é o mellor.
O seu contacto con pequenos produtores hortícolas, como A Horta de Adelina, do Grove, con Artesáns dá Pesca, de Ribeira, ou coa queixería Airas Moniz, de Chantada, funciona como un I+D no que o intercambio de impresións diario permite mellorar a produtores, pescadores, mariscadores e ao seu propio equipo. O seguimento dende que un peixe é pescado, evitarlle estrés, a forma de desangralo ou de transportalo define o resultado final en textura e sabor.
A proposta deste restaurante está moi vinculada ao mar e á horta, pero os seus menús, sempre variados, deséñanse para exhibir o potencial da despensa de Galicia. Detrás de cada prato hai un complexo traballo para que o resultado sexa aparentemente sinxelo. Baixo o lema é máis fácil poñer cousas que quitalas, Solla avoga por un proceso que conduza a un minimalismo no que consiga o mesmo nivel de emoción tanto unha cenoria ou un chícharo como un lumbrigante.
A cociña ábrese á sala a través dunha ventá, facilitando a coordinación case coreográfica dos respectivos equipos, que calculan o ritmo de cada mesa de forma óptima. A atención ao cliente é unha das marcas distintivas da casa. A experiencia compleméntase cunha coidada selección de pezas de vaixela realizadas por artesáns como Ana Tenorio ou cunha selección de viños non coñecidos para que o comensal se sorprenda coa maridaxe.
O chef resalta que nos últimos anos viu como a sociedade incrementou o investimento en tempo e diñeiro para adquirir cultura gastronómica. Sinala como algo sintomático que ás súas mesas senten nenos, xa que iso tradúcese nun interese por educar o padal. A evolución da clientela vai parella á do desenvolvemento das propostas culinarias dos restaurantes gastronómicos como o seu, que define como luxo alcanzable
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.