Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: O PAZO&body=Recoméndoche que leas a información O PAZO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/15656/o-pazo?ctre=142%26langId=gl_ES%26tp=24
Rúa: N-550 Km.23
15917 Padrón - A Coruña
O lume mancha, o lume limpa. Así resume Óscar Vidal a función da súa ferramenta de traballo, as brasas, que aviva cun paipai traído de Xapón, cuxa gastronomía admira e que relaciona coa galega. Meticuloso á hora de seleccionar a madeira, utiliza aciñeira e árbores froiteiras para cociñar os vexetais e os produtos do mar, mentres que reserva o carballo para a carne.
Dúas grellas son o que necesita para preparar o menú Rescaldo, onde choco, ovos caseiros, o lumbrigante, o longueirón ou o pemento conforman unha harmoniosa melodía de texturas e sabores. Incluso parte da preparación das sobremesas Peido de lobo ou Torta de Padrón faise sobre o asador.
A habilidade deste chef para manexar o lume tradúcese nuns bocados aveludados no padal, que reflicten os sabores que representan a Galicia. O peixe e o marisco, procedentes de Rianxo e Ribeira, son os protagonistas da súa gastronomía, aínda que moitos dos clientes acoden a buscar a magnífica costeleta de tenreira rubia galega de Bandeira, que se desfai suculenta a cada bocado.
Investigador incansable e practicante do método proba-erro, Vidal experimenta coa fermentación dos vexetais e hortalizas, interesándose especialmente polo repolo, e coa maduración da castañeta e o bonito. Da horta, o seu favorito é o chícharo bágoa, o único produto que el mesmo cultiva.
No comedor Santiaguiño do Monte, que leva o nome dunha festa popular da zona na que se cociña á brasa e cómese no campo, Manuel Vidal marca o ritmo como xefe de sala. A decoración en madeira e metal fai alusión ás retículas das grellas e os puntos de luz que salpican o teito, ás ascuas. Unha gran mesa, tallada nun vello magnolio, centraliza o espazo. Algunhas pezas da vaixela realízaas o ceramista Unzueta en Brión, aproveitando a cinza xerada na cociña.
Óscar considérase autodidacta e grelleiro, non lle gusta a palabra chef. A súa experiencia demóstralle que só apostando polo mellor produto pode sorprender con preparacións para as que, partindo desa base, só precisa un reducido número de ingredientes.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.