Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FEIRA DO QUEIXO DO CEBREIRO &body=Recoméndoche que leas a información FEIRA DO QUEIXO DO CEBREIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/160408000040/feira-do-queixo-do-cebreiro-?ctre=261%26langId=gl_ES%26tp=97
Dende os seus comezos no ano 1987 a data de celebración está vinculada á Semana Santa. A festa mantén a súa sede fixa neste concello desde o ano 1999. Na actualidade a feira segue a ser un grande acontecemento cultural e económico onde se conservan tradicións populares como a compra e venda de produtos de todo tipo, ocupando o queixo o lugar máis destacado.
A feira comeza ás 9:30 horas da maña e remata a media tarde. Durante toda a xornada os visitantes poden gozar da degustación dos produtos típicos da comarca amenizados por pasarrúas e unha exhibición de baile tradicional.
Tamén contamos coa lectura do pregón a cargo dun personaxe ilustre.
O polbo é outro elemento fundamental desta feira, pois o paso polos seus postos é unha visita obrigada para todos os que se achegan.
A degustación do Queixo do Cebreiro e outros produtos de elaboración artesán.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.