IDEAS PEREGRINAS HOME

Albergues
907
No Camiño de Santiago

Descrición

Somos un hostel con encanto en pleno corazón da cidade medieval de Tui.

A 40 pasos da Catedral as nosas xanelas asoman a rúas empedradas e desde algunha pódese albiscar o río Miño con Portugal. Unha invitación para coñecer o valor natural de Tui que ofrece un sen fin de roteiros contorna ao río Miño, o Parque Natural do Monte Aloia e a conexión coa ecopista de Valença do Minho. Ademais se che gusta o patrimonio aquí atoparás desde poboados castrexos a patrimonio xudeu con mostras arquitectónicas como a nosa Catedral de estilo románico-gótico ou o marabilloso Convento das Clarisas. 

Pero ademais de pasar uns días entre paraxes singulares vivirás a experiencia da nosa vida tranquila con mercados, restaurantes e tendas únicas que só atoparás aquí. 

Ven a pasar unha fin de semana connosco, para pasear entre a calma das augas do Miño e as altitudes do Aloia!


Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Réximes

Almorzo

Tipos de servizos

Admite cans
Admite tarxetas de crédito
Almacén bicicletas
Bar cafetaría
Botiquín
Calefacción individual
Cociña
Frigorífico
Internet / wifi en zonas comúns
Lavadora e Secadora de pago
Salón de estar
Tendas
Onde aloxarse Albergues Albergue Turístico
Arriba