MIRADOIRO DA ERMIDA DE CHAMORRO

Áreas de recreo e miradoiros
1357
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Serantes (San Salvador)

Lugar: Serantellos

15405  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 30' 28.3" N - 8º 14' 42.7" W

Descrición

Ferrol é unha cidade de fascinante historia na que a presenza do Arsenal militar e dos estaleiros xeraron un singular desenvolvemento urbano. Dende este miradoiro, a Ermida de Chamorro, pódese observar unha completa vista pano¬rámica da cidade.
A ría de Ferrol coa súa morfoloxía foi a causante da elección deste lugar das Rías altas para o establecemento da Mariña española. A súa estreita bocana garantía a protección da frota a través dos castelos de San Felipe e da Pal¬ma, e as súas tranquilas augas facilitaban o fondeo dos buques e deron pé á ubicación do Arsenal. No ano 1726 Ferrol foi designada como capital do Departamento Marítimo do Norte de España, polo que a partir de entón é coñecida como a “Cidade Departamental”.
O monte de Chamorro sitúase ao noroeste do casco urbano ferrolá. Na ladeira, érguese a ermida, dende a que é posible ver o fermoso e fértil val de Serantes. A recollida enseada da Malata acompaña a mirada. A cidade amósase alongada, seguindo a liña da costa, mentres os guindastres e grúas dos estaleiros asoman por riba dos edificios. Apréciase grande parte da ría de Ferrol, co Montefaro de Ares na entrada, pechando a perspectiva.
Nos rochedos de Chamorro, a ermida sostense sobre unha pedra de abalar. A edificación, de estilo gótico tardío, data de comezos do século XVI e conta cun senlleiro pórtico cuberto. No interior, atoparemos a imaxe da Virxe de Chamorro, coñecida tamén como a Virxe do Nordés, unha talla románica en madeira que é sacada en procesión os luns de Pascua.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba