CRUCEIRO DE LAMAS

Etnográfico
716
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lamas (Santa María)

Lugar: A Eirexe

15882  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 50.8" N - 8º 26' 37.3" W

Descrición

Cruceiro sobre tres gradas de sección cadrada e base prismática sobre a que se apoia un fuste de sección circular, decorado con espirais e adornos florais, que soporta un capitel integrado por toro, escocia e peza prismática decorada con imaxes nas súas caras, así como esquinas, se ben é certo que estes se atopan moi erosionados. Cruz de sección circular, leñosa con nós e sendas imaxes de Cristo crucificado e a Piedade. 

Acceso

Pola estrada AC-240 á altura do lugar de Rodiño, cóllese á esquerda dirección Lamas. Despois duns 400 metros aproximadamente cóllese de novo á esquerda dirección á Igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba