PR-G 162 RUTA DA RIBEIRA SACRA DO MIÑO

Sendeirismo
3203
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

O Saviñao | Pantón

Coordenadas:
42º 37' 05.1" N - 7º 42' 23.5" W

Descrición

Estamos nun dos sendeiros de pequeno percorrido máis esixentes de Galicia, con 37 km e continuos desniveis. Está deseñado para ser realizado comodamente en dúas ou máis etapas, xa que hai que contar cunhas 12 horas de camiñada por unha das mellores rutas do país.

A ruta permitiranos sentir a Ribeira Sacra seguindo a conca do río Miño dende Santo Estevo de Ribas de Miño (O  Saviñao) ata o lugar de Cima de Atán (Pantón). Divisaremos paisaxes que nos farán enmudecer, aldeas solitarias como Bexán, A Pena, Millarada ou Marce, rodeadas polos viñedos da D.O. Ribeira Sacra e soutos de castiñeiros centenarios. Os templos románicos de Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi e San Martiño da Cova, así como as ermidas e os castros encherán de contido histórico e artístico esta ruta. Unha pequena mostra de porqué este territorio é candidato a ser declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

O trazado é lineal con continuas subidas aos montes e descensos ata o río Miño. Transitaremos por calzadas  romanas marcadas polas rodas dos carros, como o camiño de Diomondi a Belesar que logo seguía a Santiago de Compostela. Tamén por estreitas vereas entre os viñedos cheos de detalles que a viticultura extrema forxou no tempo. A diversidade de cores será unha delicia visual que alcanza a súa plenitude en outono, ademais a agradable temperatura da que goza esta zona faina ideal para ser percorrida nos meses máis frescos.

En definitiva, unha experiencia completa para gozar dunha das zonas de maior beleza de Galicia.

Acceso

Na estrada LU-533 dende Chantada en dirección a Monforte de Lemos, despois de cruzar o viaduto de Belesar tomar o desvío en dirección á Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Lonxitude

37,6 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Cima de Atán (Concello de Pantón) - UTM 29T X:607324 Y:4706678
Punto de partida: Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (Concello do Saviñao) - UTM 29T X:606078 Y:4719217

Percorrido

Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, Lugar de Galegos, Igrexa de San Paio de Diomondi, Belesar, Lugar de Bexán, Lugar da Reguenga, Lugar de Soane, Igrexa de San Martiño da Cova, Igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño, Área recreativa de Maiorga, Lugar da Míllara, Lugar de Marce, Fervenza de Auga Caída, Lugar de Cabo de Vila, Lugar de Reiriz, Igrexa de Santo Estevo de Atán, Cima de Atán.

Dificultade

Moi alta

Duración

12 horas.

Material

Botas de montaña con sola antiesvarante.

Servizos

En Escairón e O Castro de Ferreira.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

155- I Chantada, 155-III A Barrela y 155-IV O Castro de Ferreira.

Máis información

Concello do Saviñao
Tel.: 982 452 061
www.concellodosavinao.com

Asociación Veciñal do Saviñao
asociacionvecinaldosavinao@gmail.com
www.aavvdosavinhao.org

Concello de Pantón
Tel.: 982 456 005
turismopanton@hotmail.com
www.concellodepanton.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese histórico
Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba