Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 157 ROTEIRO AUGAS MESTAS - DOADE&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 157 ROTEIRO AUGAS MESTAS - DOADE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170525000686/pr-g-157-roteiro-augas-mestas-doade?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Atopámonos no territorio da D.O. vitivinícola Ribeira Sacra, na bisbarra de Terra de Lemos, para percorrer un dos sendeiros máis espectaculares pero tamén máis longos e esixentes de Galicia.
Os seus 27 km, os desniveis e as gradas requiren unha boa condición física, sen esquecer a planificación do percorrido, do avituallamento, dos horarios e do transporte de regreso.
O percorrido é lineal, recoméndase inicialo dende o Lugar de Parada en dirección a Doade, xa que a pendente será menos pronunciada. Nada máis deixar a zona de Augas Mestas o sendeiro escava o seu camiño na parede da montaña, formando auténticos “balcóns” a centos de metros sobre os ríos Lor e Sil.
Continuando o ascenso por unha estreita senda chégase á aldea abandonada do Fuluxento, punto de inicio dun recorrido vinícola que pasa primeiro entre os viñedos e logo polas bodegas da parroquia de Vilachá de Salvadur.
Despois dun tramo intermedio descendendo por pistas forestais chegaremos de novo ata o río para visitar as aldeas abandonadas de Barxa, Froxende e Vilar de Mouros. Camiñaremos entre bosques de castiñeiros milenarios e exemplares de erbedeiro e sobreira que denotan o microclima mediterráneo da conca do rio Sil. De novo o camiño afástase do encoro e discorre por unha zona agrícola entre as aldeas da Lampaza e Os Palleiros.
Xa na parte final volve a achegarse ao río para deixarnos unha inesquecible panorámica da conca do Sil dende o miradoiro da Pena do Castelo.
Oficina de turismo de Monforte de Lemos
Tel.: 982 404 715
turismo@concellodemonforte.com
www.monfortedelemos.es
Concello de Sober
Tel.: 982 460 001 / 982 460 005
www.concellodesober.com
Concello de Quiroga
Tel.: 982 428 001
www.concellodequiroga.com
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.