IGREXA DE SANTA MARÍA DE ASADOS

Relixioso
929
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Asados (Santa María)

Lugar: Asadelos

Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 38.4" N - 8º 47' 17.4" W

Descrición

Templo de grande interese arquitectónico. Data do século XVI e mide uns 32 m de longo por 14 de ancho. A torre levantouse no XVIII e a sancristía e capelas laterais son de construción máis recente. Consta de planta de cruz latina cun brazo transversal moi curto. As naves constan de bóvedas de canón sobre arcos de medio punto e o cruceiro presenta bóveda de aresta. A fachada principal reconstruíuse no século XVIII, coa torre campanario no eixe. A cuberta é a dúas augas e ao seu carón destaca o cruceiro. 

Acceso

Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a segunda saída pola estrada DP-3301 cara a Taragoña. Continuamos pola DP-7201 e na seguinte rotonda tomamos a primeira saída pola DP-7202. Na parroquia de Asados e á altura de Asadelos tomaremos o desvío á dereita, onde atopamos a igrexa a uns 20 m. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba