CAPELA DOS MILAGRES DO ARAÑO

Relixioso
745
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Araño (Santa Baia)

Lugar: A Capela

15984  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 41' 37.3" N - 8º 48' 00.7" W

Descrición

Capela de dimensións moi reducidas e construción recente (1972) situada a escasos metros da igrexa parroquial de Santa Baia do Araño. Contén unha imaxe da Virxe dos Milagres, venerada o primeiro domingo de agosto nas festas do mesmo nome, que son as festas grandes do verán no Araño. Antigamente había unha capela dos Milagres no actual recinto da igrexa parroquial, a escasos metros da actual, probablemente anterior incluso á devandita igrexa. 

Acceso

Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a segunda saída pola estrada DP-3301 cara a Taragoña. Continuamos pola DP-7201 e na seguinte rotonda tomamos a primeira saída pola DP-7202. No lugar do Pazo colleremos un desvío á esquerda para seguir pola DP-7203, que nos leva a Taragoña. Alí viraremos á dereita pola AC-305 cara ao Araño. Xa na parroquia do Araño, á altura da Capela, xiramos á esquerda (sinalización vertical de dirección á Igrexa do Araño, Hórreo do Araño, Pico Muralla, Traba, Vilar, Campelo, Cerqueiras…) e a uns 500 m volvemos virar á esquerda, onde se indica a dirección da Igrexa de Santa Baia e o Hórreo do Araño; a capela atópase a uns 150 m. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba