CAPELA DE SANTA LUCÍA

Relixioso
636
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Asados (Santa María)

Lugar: A Santa Lucía

15984  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 29.3" N - 8º 47' 50.7" W

Descrición

Ermida construída no século XVII nun espazo con árbores onde xa existía unha superficie de pedra. Dispón de tellado a dúas augas, e teito de madeira na parte de diante e bóveda de canón na de atrás. A sancristía, de construción máis recente, sitúase nun lateral. 

Acceso

Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a segunda saída pola estrada DP-3301 cara a Asados. Continuamos pola DP-7201 e na seguinte rotonda tomamos a primeira saída pola DP-7202. Na parroquia de Asados, pasando Vilanustre, atopamos ao lado dereito a capela da Santa Lucía, no parque do mesmo nome. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba