IGREXA PARROQUIAL DE SAN LOURENZO

Relixioso
629
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arcos (San Lourenzo)

Lugar: Arcos

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 00E-" N - 7º 03' 35.2" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular integrada por dous corpos, central e presbiterio, de diferentes alturas, a partir de muros de cachotería, agás os marcos de portas e ventás, que son de cantería de granito. Porta principal decorada cun arco de medio punto flanqueado por columnas xónicas, con función decorativa.

Sitúase nunha contorna rural e, próxima a ela, no mesmo lugar de Arcos, atópase o pazo de Arcos, exemplo de arquitectura civil, e o conxunto de adegas de Arcos, construcións populares onde se poden observar as características das adegas da zona, integradas por varios espazos: boca ou acceso, cano ou cubo, fondo de cova e o refolgadeiro (cheminea de ventilación).

Acceso

Saímos de Vilamartín pola N-120 ata o desvío, á man esquerda, cara á OU-0807; alí tomamos o desvío á dereita para o núcleo de Arcos. A igrexa atópase no centro do lugar.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba