PAZO DE LOBAGUEIRAS

Civil
989

Localización

Parroquia: Bendaña (Santa María)

Lugar: Lobagueiras

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 16.9" N - 8º 20' 16.3" W

Descrición

Edificación do século XVIII de estilo barroco. Planta rectangular, resultado de engadidos posteriores. Fábrica de sillería e mampostería revogada. Fachada con escaleira e outro patín de acceso directo á planta nobre. Xanelas con marqueado. Escudo nobiliario procedente de Caldas de Reis, orixe da familia dos antigos propietarios, os almirantes Pardo López de Nadal e estaban emparentados co Mayorazgo de Velón de Lalín.
Propiedade privada.

Acceso

En automóbil son 13,4 km., algo menos de vinte minutos desde a Casa do Concello. Seguir cara ao sur, polos lugares de Moutarón, A Pena, San Pedro, Remesquide, Obra e Besaña, para chegar á parroquia de Bendaña e ao lugar de Lobagueiras.
A pé son 11 km., algo máis de dúas horas desde a Casa do Concello. Seguir a AC-240 en dirección Mourelos Poboado e A Goleta, virar á esquerda, pasando polos lugares de Vilanova, Vilaperre, Pousada, Remesquide, Obra, Besaña e Lobagueiras.
Arriba