Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA DO MUDO&body=Recoméndoche que leas a información CASA DO MUDO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/171030000878/casa-do-mudo?ctre=129%26langId=gl_ES%26tp=22
Parroquia: Cervo (Santa María)
Lugar: A Senra 25
27891 Cervo - Lugo
CASA DO MUDO é unha antiga casa de labranza restaurada. Os espazos están moi coidados, mantendo sempre o aspecto rústico do edificio. Casa do Mudo é moito máis que unha casa rural, é un fogar.
As nove habitacións contan con baño completo, televisión e wifi. A que se atopa na planta baixa está adaptada a minusválidos.
Cada unha das tres plantas da vivenda conta con espazos comúns. Unha delas serve de comedor e dispón dunha lareira, a segunda ten unha sala de estar e a terceira conta cunha biblioteca.
No exterior, ademais dun rechamante hórreo, hai un alpendre para descansar ao aire libre, adornado con apeiros de labranza. A coidada decoración, con mobles rústicos e distintos deseños para cada habitación, é un dos aspectos máis rechamantes.
Ademais, ofrecemos almorzos completos nun agradable comedor con vistas ao xardín e se o tempo permíteo, tamén se poden gozar fóra.
Baixo petición previa, estes espazos tamén permiten gozar dunha exquisita cea con comida caseira realizada con produtos autóctonos.
A leira, de sete mil metros cadrados, dispón de grandes zonas axardinadas e dun amplo e coqueto soportal.
Situada nun burgo de baixa densidade de poboación como A Senra, Casa do Mudo atópase nun espazo tranquilo e rodeada dunha preciosa contorna natural, con ríos próximos, fervenzas e muíños de auga. É unha zona ideal para a práctica de sendeirismo, o cicloturismo ou simplemente pasear e deleitarse coa natureza.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.