Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CRUCEIRO DA GRIXA DE BERDEOGAS&body=Recoméndoche que leas a información CRUCEIRO DA GRIXA DE BERDEOGAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/17109/cruceiro-da-grixa-de-berdeogas?ctre=55%26langId=gl_ES%26tp=10
Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cuadrangular achafranado e na que vai unha mesa acaroada.
O varal é octogonal empezando en cadrado na que ten unha inscrición que pon:”A 1797″. O capitel é octogonal, con astrágalo octogonal e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten volutas, caras e follas de cantos lobulados. A súa cruz é octogonal con remates florenzados e botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa de espiñas e cunha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.