CRUCEIRO MARCO DO COUTO

Etnográfico
1240
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Dumbría (Santa Baia)

Lugar: Figueiroa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 08.3" N - 9º 06' 47.7" W

Descrición

O cruceiro componse de plataforma de tres chanzos sobre os que se asenta un pedestal prismático de arestas superiores rebaixadas. Deste, arranca o varal con comezo de pequeno tramo en sección cadrada e logo tórnase circular. Cruz de sección cadrada con arestas biseladas e remates de brazos cuarteados. No anverso vai a figura do Crucificado e no reverso a da Virxe co corpo de Cristo morto no seu colo. O tallado das figuras é pouco refinado e moi elemental nos detalles anatómicos.
Ao atoparse na ruta Xacobea de Santiago a Fisterra, os peregrinos foron amontoando pedras ao seu carón e a apenas se poden ver os chanzos.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba