Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CRUCEIRO DE SALGUEIROS&body=Recoméndoche que leas a información CRUCEIRO DE SALGUEIROS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/17112/cruceiro-de-salgueiros?langId=gl_ES
Parroquia: Salgueiros (San Mamede)
Lugar: Salgueiros
15152 Dumbría - A Coruña
Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de cinco chanzos e pedestal cúbico rematado con bocel. Ten unha mesa acaroada á plataforma.
O varal é cadrado con chafráns con adornos nos chafráns e recadro na parte cuadrangular do pedestal. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso e ábaco de lados rectos. Ten ademais volutas, follas de camelia e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é circular e amosa polo seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. A esta imaxe de Cristo fáltalle un brazo por rotura. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.