IGREXA NOVA DE MANIÑOS

Relixioso
444
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Maniños (San Salvador)

Lugar: San Caetano

Rúa San Caetano

15520  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 20.0" N - 8º 11' 52.4" W

Descrición

A igrexa nova de Maniños, de estilo contemporáneo, é o único edificio relixioso do concello que afasta as súas formas do tradicional barroco rural predominante na zona. Trátase dun edificio de desenvolvemento lonxitudinal, con cuberta a dúas augas perpendicular á fachada. Nesta é patente a combinación da tradición coa modernidade: a tradición nos materiais (revocadura e pedra como nas igrexas rurais) e a contemporaneidade a través das formas e da súa xeometrización. A arquitrabe domina nesta fachada, na que cómpre subliñar o xeito orixinal de situar a cruz, sobresaíndo da cuberta en alongado contraste coa masa horizontal que lle serve de arranque.

Acceso

Dende Fene, pola LC-133 en dirección Mugardos. Pasar por Perlío, Barallobre ata chegar a Maniños, nese cruzamento tomar o desvío da esquerda cara a Limodre. Seguir o primeiro camiño á esquerda; a 200 m esta a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba