CASA DE D. JOAQUÍN

Civil
407
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Rúa Luis A. Mestre 26

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 31.5" N - 8º 51' 57.8" W

Descrición

Construída no 1911, de estilo modernista, ten planta rectangular con soto, baixo e piso. Está rodeada dun pequeno xardín, a súa vez cercado por un enreixado. A fachada principal divídese en tres partes. Na central da parte baixa está a porta de entrada, cun arco rebaixado e á que se accede por unha escalinata con pasamáns balaustrado. Xusto enriba hai unha fiestra con balcón, que está coroada cunha moldura de motivos florais e que remata cunha inscrición en círculo moldurado coa data de 1911. A fachada remata cunha balaustrada con acróteras en forma de vaso nas esquinas. O seu estado de conservación é bo.
Propiedade privada non visitable.

Acceso

Situada no mesmo centro urbano do Grove, fronte ao Colexio Nosa Sra. do Carme.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba