CASOTA DE FREÁNS OU CASOTA DOS MOUROS

Depósitos arqueolóxicos
1658

Localización

Parroquia: Berdoias (San Pedro)

Lugar: Berdoias

15128  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 02' 51.9" N - 9º 05' 11.0" W

Descrición

Trátase dunha das antas máis recentes da “Ruta dos dolmens” de Vimianzo. A súa singularidade vén de que a súa estrutura non se corresponde co clásico dolmen de cámara funeraria e corredor. Neste caso só son catro lousas traballadas para encaixar perfectamente unhas con outras e colocadas a modo de caseta. De feito foi usada tradicionalmente como refuxio de pastores.
No interior da Casota as laxes verticais teñen abundantes gravados a base de cruces e coviñas. A lenda conta que unha moura trouxo as súas pedras sobre a cabeza voando mentres fiaba e aleitaba unha crianza.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección a Fisterra. En Berdoias séguese unha pista e a setecentos metros está o dolmen.

Accesibilidade

Peonil.
Arriba