HÓRREO DO PORTO DE CEREIXO

Etnográfico
667

Localización

Parroquia: Cereixo (Santiago)

Lugar: Porto de Cereixo

Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 57.6" N - 9º 07' 31.5" W

Descrición

Dentro da propiedade de Vila Purificación, unha das casas máis antigas do Porto de Cereixo, pódese ver un dos cabazos de maior lonxitude de Galicia. Trátase dun cabazo do tipo «Fisterra», realizado totalmente en pedra que conta con nove pares de pes e 26 metros de longo.
O seu grande tamaño débese a que Vila Purificación era o lugar onde se cobraban os foros da zona. Como moitos foros pagábanse en especie, normalmente cereais (trigo, millo…), precisábase dun bo celeiro para gardalos.
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba