FONTE DE SAN PAIO

Etnográfico
918

Localización

Parroquia: Ferreira (San Paio)

Lugar: A Seara

15562  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 18.7" N - 8º 01' 57.5" W

Descrición

Fonte de cantería, de gran sinxeleza. Composta por dous cabezais de pedra unidos por unha moldura. Dedicados a San Paio e á Virxe de Pastoriza, representado cada un dentro dunha fornela e con tarxetas epigráficas independentes: "Fonte de Pastoriza. Á deboción de Manuel López. Ano 1890" "Fonte de San Paio. Á devoción de Manuel López. Ano 1890". Aínda que tivo dous canos, un para cada devoción, actualmente non flúe a auga. Nas inmediacións, atópase o cruceiro de San Paio e a igrexa parroquial.

Acceso

Dende capital municipal, tomar o desvío cara a Moeche, Ferreira, a 3 km se atopa a igrexa parroquial de San Paio de Ferreira, e a 200 m se atopa o cruceiro e a fonte.
Arriba