PETO DE ÁNIMAS DA CARBALLEIRA (SAN XILLAO DO MATO)

Etnográfico
787
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Mato (San Xillao)

Lugar: A Carballeira

27518  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 20.7" N - 7º 49' 01.6" W

Descrición

Está realizado en pedra granítica. Fórmano tres corpos superpostos. A caixa está flanqueada por dous modillóns, por riba, unha fornela con columnas e un arco de tres lóbulos con relevo da Virxe do Carme co Neno e as Ánimas do Purgatorio. Sobre a cornixa ten un pedestal para unha cruz, flanqueado por dúas figuras exentas de San Xoán e a Virxe Dolorosa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba