CRUCEIRO DO SINAL

Etnográfico
643

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Rúa Sinal s/n

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 50.8" N - 8º 46' 45.2" W

Descrición

Érguese sobre dous chanzos de pedra e un cubo moi alto. A continuación disponse unha columna octogonal que remata nun capitel redondo con colar, decorado mediante tres cabezas de anxos e unha caveira que se sitúan aos pés do Salvador. Unha cruz cadrada sostén no seu anverso a un Cristo e no seu reverso á Virxe. O ano de realización deste cruceiro aparece gravado na parte dianteira da base: "Ano de 1721".

Acceso

No Núcleo da capital municipal
Arriba