MIRADOIRO DE CUBEIRAS

Áreas de recreo e miradoiros
894

Localización

Carnota - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 43.5" N - 9º 04' 10.5" W

Descrición

Acubillado na media ladeira, nunha vertente do alto das Paxareiras, o miradoiro de Cubeiras observa o fantástico arco litoral que conforman as praias carnotáns: dende Caldebarcos (ao norte) até Lira (ao sur), pasando pola praia de Carnota, un dos areais máis longos de Galicia.

Coa inmensidade do Atlántico de fronte, Cubeiras ofrece tamén unha perspectiva pouco frecuente do monte Pindo, impoñente mole granítica observada dende este punto polos seus sectores sur e sur leste, o que permite apreciar a transición dende os cantís litorais ata as súas potentes ladeiras de fortes pendentes, rematadas en cumios por riba dos 600 metros de altitude.
Arriba