HOSPITAL DE MONTOUTO

Áreas de recreo e miradoiros
1031
No Camiño de Santiago

Localización

A Fonsagrada - Lugo

Coordenadas:
43º 05' 44.3" N - 7º 08' 38.0" W

Descrición

Montouto é moito máis que un miradoiro. As fermosas vistas das terras fonsagradinas acompáñanse dun conxunto patrimonial de gran valor en pleno Camiño de Santiago.

No século XIV foi fundado o Real Hospital de Montouto, sendo edificado no seu emprazamento actual cara a finais do XVII e permanecendo activo até inicios do XX. Conserva un dos seus edificios e ruínas de varias dependencias que cumprían funcións de acollida para os peregrinos que realizaban o duro Camiño Primitivo cara a Santiago de Compostela.

A carón do vello hospital sitúase unha ermida de construción moderna. Completa o conxunto o Dolmen de Montouto, parte dunha necrópole megalítica.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba