PORTO DE ANCARES

Áreas de recreo e miradoiros
1206

Localización

Navia de Suarna - Lugo

Coordenadas:
42º 52' 06.7" N - 6º 49' 05.4" W

Descrición

O Porto de Ancares é un lugar de referencia nestas serras. Punto de unión entre León e Lugo, cos seus 1648 metros de altitude localízase en pleno cordal, comunicando vales e serras, aldeas e montes.

A pendente de subida dende Balouta supera o forte desnivel característico da orografía ancaresa. Na cima do porto as vistas de ambas vertentes impresionan: ao norte, dende o miradoiro de Balouta, amplas vistas do apracible val que contrasta cos escarpados cumios; cara ao sur o val de Ancares, xa leonés, descende sen fin.
Arriba