MIRADOIRO DE SAN FIZ

Áreas de recreo e miradoiros
757

Localización

Chandrexa de Queixa - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 28.9" N - 7º 24' 46.0" W

Descrición

O miradoiro de San Fiz constitúe un punto extraordinario para a contemplación. Con espectaculares vistas sobre o encoro de Chandrexa de Queixa, a serra de Queixa e a Cabeza de Manzaneda como fondo outorgan profundidade e grandiosidade á escena.

Á tranquilidade do lugar súmase a beleza dunha paisaxe de alto valor estético que combina a presenza da auga, o parcelario tradicional no que os campos de cultivo se dividen mediante sebes naturais e pequenas aldeas ao pé do encoro.
Arriba