MIRADOIRO MURALLA DE LUGO

Áreas de recreo e miradoiros
516
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 33.0" N - 7º 33' 33.0" W

Descrición

Lugo pode presumir de conservar a súa muralla romana completa. A vella Lucus Augusti, fundada polo emperador Augusto no século I a.C., foi un relevante bastión durante o Imperio Romano, sendo construído o recinto amurallado a finais do século II d.C.
10 portas, 71 torres e máis de 2200 metros de perímetro intacto fan da Muralla de Lugo unha xoia que mereceu a consideración de Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000.
As diversas modificacións non rachan as liñas básicas coas que o enxeñeiro romano Vitrubio, dotou a esta construción en granito e lousas, de clara vocación defensiva.
As 4 portas orixinais pasaron a ser 10, das 85 torres consérvanse 71 mantendo só a Torre da Mosqueira coa morfoloxía orixinal, consistente en varios pisos de altura e dobre arco de medio punto a modo de xanelas.
Os anchos muros, de entre 4 e 7 metros, permiten un longo paseo que fai a función de miradoiro continuo elevado sobre a cidade. O interior da muralla é un completo catálogo de urbanismo, arquitectura e arte con numerosos elementos a visitar: a monumental Praza Maior, a acolledora Praza do Campo, o Museo Provincial localizado no convento de San Francisco e a Catedral.
Dende a Muralla, á altura da Porta de Santiago, a perspectiva da Catedral de Santa María é fabulosa. A fachada neoclásica convive coa base románica e con elementos góticos e barrocos, nunha mostra de evolución histórica que ben pode equipararse ao devir da cidade.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba