CON DA SIRADELLA

Áreas de recreo e miradoiros
2223
No Camiño de Santiago

Localización

O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 28' 12.5" N - 8º 52' 51.0" W

Descrición

O Grove é unha pequena península localizada no extremo sur da ría de Arousa. A praia da Lanzada é o punto de unión con terra pero isto non sempre foi así, dado que o Grove foi unha illa até que os arrastres do río Umia por un lado e as dunas da Lanzada polo outro foron creando o istmo do Vao.

O Con da Siradella é o punto de maior altitude do Grove, con 165 metros. O coidado miradoiro de madeira permite vistas de 360 grados, cunha boa perspectiva do istmo e da praia da Lanzada que permite entender mellor este fenómeno.

O miradoiro sitúase nun monte de piñeiros no que destacan os conxuntos de bolos graníticos e os afloramentos rochosos de curiosas formas, o que nos fai entender o nome de “con”, que significa “pedra”.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba