MIRADOIRO DAS TRES RÍAS

Áreas de recreo e miradoiros
1800

Localización

A Lama - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 52.5" N - 8º 24' 19.6" W

Descrición

Punto sorprendente da xeografía galega, o miradoiro das Tres Rías ofrece abertas vistas panorámicas das Rías Baixas (Arousa, Pontevedra e Vigo) coa peculiaridade de facelo dende a serra do Cando, no interior da provincia de Pontevedra e parte do conxunto de serras da Dorsal Central Galega.

O miradoiro das Tres Rías sitúase no monte Seixo, coñecido como a “Montaña Máxica” pola presenza de diversos elementos rochosos tan máxicos como A Porta do Alén ou o Marco do Vento, relacionados con crenzas populares sobre o tránsito ao máis alá.

A paisaxe de montaña é acompañada pola presenza de gando en liberdade, constituíndo escenas de gran beleza con vistas do curso alto do río Verdugo e da veciña serra do Suído, de similares características.
Arriba