IGREXA DA NOSA SEÑORA DA O

Relixioso
491
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mormentelos (Nosa Señora da O)

Lugar: Mormentelos

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 23.1" N - 7º 11' 58.7" W

Descrición

Muros de cantería e planta rectangular con presbiterio máis elevado. Fachada sobria con porta con lintel enmarcado en baqueta con ángulos en cóbado e fiestra superior con parecida decoración; nas esquinas pilastras lisas arquitrabas e nas rampas cornixas rectas, con remates nos ángulos. Sobre o ático, espadana de dous arcos xemelgos con machóns apilastrados, provistos de arquitrabas na cara inferior. Friso de dentículos e cimacio. Remate en corpo trapezoidal de lados curvos con ornamento de cruz de pedra e pirámides de bolas nos ángulos. E de destacar a talla da Virxe da Expectación, ou da Esperanza, do século XVII. O estilo é predomínantemente románico con mezcla doutros estilos.

Acceso

A edificación atópase na entrada do pobo no acceso da estrada que enlaza en Vilarmeao coa estrada principal dende Vilariño dirección Manzaneda.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Neoclásico
Arriba