IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DE TOSTO

Relixioso
873

Localización

Parroquia: Xaviña (Santa María)

Lugar: Santa Mariña

15122  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 57.3" N - 9º 07' 37.2" W

Descrición

No lugar que agora se levanta esta igrexa estivo o mosteiro Bieito - os monxes negros - de Santa Mariña de Tosto, que chegou a reconstruírse dúas veces. Está considerado un dos focos máis antigos de cristianización destas terras. A situación neste lugar retirado puido estar relacionada coa cristianización dalgún culto pagán, a un elemento natural ou á fertilidade xa que Santa Mariña foi unha lendaria mártir de Antioquía que simbolizaba os cultos ás augas e favorecía as colleitas.
Da primitiva fábrica só se conserva, no interior, o arco triunfal de acceso ao altar maior, formado por un arco de medio punto apeado en semicolumnas con capiteis vexetais, que seguen os modelos que os artistas de Praterías empregaron no cruceiro da catedral, e que son os máis frecuentes na zona. Esquemas que se repiten en Santa María de Xaviña, Santiago de Cereixo e San Pedro de Leis. 
O retablo, de madeira policromada é de estilo neoclásico. 

Acceso

Tomar a AC-432 Ponte do Porto- Camariñas e o desvio a Santa Mariña na altura de Xaviña.
Taménse  pode acceder dende a estrada a Camelle DP 1601, desvio á estrada de Arou e dende alí pola pista da costa ata Santa Mariña.

Estilos

Románico
Rexionalista
Arriba