CAPELA DE SAN XOÁN

Relixioso
558

Localización

Parroquia: Arbo (Santa María)

Lugar: San Xoán

36430  Arbo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 10.8" N - 8º 17' 24.6" W

Descrición

Situada no barrio de San Xoán de Arbo, situado na cima destaca a Capela de San Xoán, unha pequena ermida dedicada ao culto a San Xoán, restaurada en 2014.
A 700 metros atopámonos a Ponte Romanica de San Xoán, a Praia Fluvial do Río Deva en San Xoán, Os muiños restaurados e o Sendeiro da Moura.  
O 24 de xuño os veciños celebran a romaría de San Xoán, unha celebración tradicional que ten diversas actividades, entre elas a feira de artesanía, a famosa procesión da capela ata o río Deva co Santo e a fogueira da noite de San Xoán.

Acceso

Dende a praza Consistorio seguimos a rúa Antonia Tovar ata a  rotonda da Ponte Internacional e seguimos pola PO-400 Salvaterra –Filgueira dirección Cequeliños. Despois de pasar o barrio da Vila e a rotonda que nos leva a Cañiza, a  primeira entrada a dereita (antiga estrada PO-400), nos leva directamente ao barrio de San Xoán e a Capela. 

Orden Relixiosa

Cistercienses
Arriba