PETO DE ÁNIMAS DAS GÁNDARAS

Etnográfico
660

Localización

Parroquia: Meder (Santo Adrián)

Lugar: As Gándaras

36457  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 56.2" N - 8º 26' 10.1" W

Descrición

Construción singular formada por dous corpos que adornan os seus costados a base de "S" alongados. A obra coróase mediante unha cruz da que colga un Cristo de pequenas dimensións. A fornela é bastante grande e contiña un retablo de madeira actualmente desaparecido. Esta obra foi realizada probablemente no ano 1924 igual que a capela do Santo Cristo da Agonía situada a escasos metros.
Arriba