CASA DA AXUDANTÍA

Civil
572
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa San Roque 12

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 15.3" N - 7º 02' 38.6" W

Descrición

Edificio indiano construído 1886. Durante décadas acolleu a “Ayudantía de la Comandancia de la Marina”, motivo polo que se coñece como Casa da Axudantía. Na actualidade acolle tres vivendas aínda que nun inicio foi concibido como residencia unifamiliar. Na planta baixa destacan as dúas columnas de fundición que soportan a soleira do balcón do nivel superior. No primeiro piso sobresaen dous miradoiros de forxa finamente decorados. O edificio mostra o emprego do ferro en detrimento da madeira, mesmo como solución decorativa.
Forma parte da Ruta dos Indianos.

Acceso

Sitúase no centro urbano de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba