CASA DE DONA ASCENSIÓN PILLADO

Civil
430
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa San Roque 16

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 15.3" N - 7º 02' 40.0" W

Descrición

Vivenda indiana de corte urbano, encargada por Ascensión Pillado e Pedrosa en 1888. Nobreza e sobriedade son as características que definen esta edificación. A súa fachada inspírase nun equilibrio entre a arquitectura tradicional galega e casa nobre de aire palaciano. Así, recorda aos pazos urbanos do casco histórico con xogos de simetría en balcóns e ventás, marcos de cantería de granito, cornixa finamente labrada, ou coas chamadas "portas de aire" (balcóns a rentes de fachada). Non obstante, o rico traballo de forxa, advirte de que a súa dona non era allea ás tendencias artísticas do momento.
Forma parte da Ruta dos Indianos.

Acceso

Situado no centro urbano de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba