CASA DOS ENANOS

Civil
600
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa San Roque 71

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 15.4" N - 7º 02' 45.2" W

Descrición

Edificación promovida por Antonio Fernández, emigrado á Arxentina e máis coñecido en Ribadeo como Antonio de los Enanos. Trátase dun exemplo típico de arquitectura rexionalista inspirada en elementos autóctonos, reflectidos, por exemplo, na torre cadrada que recorda á dos pazos e na sobriedade decorativa. Se ben, incorpora formas e tendencias modernas, como son o xardín ou a apertura cara ao exterior con grandes ventás e balcóns.

A fórmula arquitectónica que moitos indianos empregaban para demostrar o éxito, o poder, a seguridade e a estabilidade económica queda patente nos pináculos da torre, os fortes aleiros, o aspecto sólido, a ausencia de curvas e a sobriedade das cores entre outros detalles.
Este inmoble forma parte da Ruta dos Indianos.

Acceso

Sitúase no centro urbano de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba