CASA PANCRACIO

Civil
442
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Devesa (Santalla)

Lugar: Vilandriz

Estrada LU-P-5201

27715  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 48.7" N - 7º 07' 35.3" W

Descrición

Vivenda indiana construída en 1926 polo irmán de Manuel López Fernández emigrado a Cuba. A pesar da súa sobriedade observamos unha importante cantidade de elementos que a diferencian das demais edificacións tradicionais da contorna: balcón presidencial sobre sólidas columnas coroadas con capiteis, frontón triangular de proporcións neoclásicas que incorpora unha inscrición co nome da vivenda, molduras sobre as ventás e cornixa rematando a fachada. Pechando a finca álzase un enreixado que completa a elegancia da vivenda e pecha un xardín con presenza de típicas especies vexetais de importación americana.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.

Situación

Partindo de Ribadeo cara á Coruña pola estrada nacional 634, a uns 6Km da vila, no lugar de O Rato, á man esquerda tomamos o desvío cara a Vilandriz-Igrexa da Devesa pola estrada LU-P-5201. A uns 100m á man esquerda atopamos esta vivenda.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba