CRUCEIRO DA IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE SOFÁN

Etnográfico
544

Localización

Parroquia: Sofán (San Salvador)

Lugar: A Praza 7

15108  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 51.0" N - 8º 38' 21.2" W

Descrición

O cruceiro de Sofán, datado no ano 1660, é dos máis antigos da contorna. Ten gran valor, tanto pola súa antigüidade como polo seu valor artístico. Apóiase nunha elevada base conformada por cinco escaleiras.
Atópase en bo estado de conservación.

Acceso

Desde o núcleo urbano municipal, debe tomar a AC-413 e percorrer 4,2 quilómetros. Logo debe incorporarse á DP-1907. A 550 metros atópase este cruceiro.
Arriba