PETO DE ÁNIMAS DE CHAN EN MEDER

Etnográfico
751

Localización

Parroquia: Meder (Santo Adrián)

Lugar: A Bouza

36457  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 51.9" N - 8º 27' 23.6" W

Descrición

Este peto de ánimas sitúase sobre unha base troncocónica que se acha totalmente enterrada na terra. A columna que se dispón sobre esta presenta as figuras das ánimas pola súa parte dianteira. Realizado en pedra, este retablo áchase presidido pola pomba do Espírito Santo, tendo por debaixo a Santo Antonio de Padua e a Virxe María. Na sección inferior atópase o caixón para as esmolas e un grupo de cinco ánimas. Todo iso é obra do ano 1803.
Arriba