Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: RESTAURANTE SILABARIO&body=Recoméndoche que leas a información RESTAURANTE SILABARIO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/180321000310/restaurante-silabario?ctre=142%26langId=gl_ES%26tp=24
Rúa Principe 44, 6
36202 Vigo - Pontevedra
Situado nunha das rúas máis concorridas da cidade, a rúa do Príncipe, Silabario ocupa a última planta do edificio da sede do R. C. Celta de Vigo, cuxo teitume acristalado e inclinado cóbrese cunha estrutura en retícula que achega identidade á sala.
Alberto González Prelcic iniciou este proxecto gastronómico en 2008 en Tui para trasladarse en 2018 a Vigo. Coa elección do nome Silabario fai fincapé na importancia do proceso de aprendizaxe na cociña. Por este motivo, unha parte moi importante do seu traballo é investigar sobre os sabores e as técnicas da cociña tradicional galega, apostar polo que a diferenza.
Aínda que recoñece que é permeable a métodos ou propostas culinarias doutras latitudes, o seu traballo céntrase no produto local, abordado con absoluto respecto para non desvirtuar a súa calidade. Os recursos que lle ofrecen a ría de Vigo ou os hortos de proximidade son a garantía que necesita para deseñar a súa oferta. Así mesmo, destaca a importancia de confiar en provedores e distribuidores, que son quen coñece de primeira man a despensa galega e teñen o criterio para definir a mellor selección. Lograr que funcione ben esta engrenaxe é un dos obxectivos do restaurante.
A clientela de Silabario é maioritariamente local, por iso é polo que hai variedade nos menús, Berbés, Tempo, Raíces, Solaina, e mesmo a posibilidade de elixir á carta. Desta forma, os comensais gozan dunha oferta flexible, dependendo do tempo e do orzamento do que dispoñan, ademais de facilitarlles visitas máis asiduas. Segundo tempada, poderanse degustar lamprea e angulas, dous dos pratos recorrentes que identifican o establecemento.
Grazas a un frontal acristalado, a adega intégrase visualmente na sala. Nela consérvanse aproximadamente catrocentas referencias de viño, das que ao redor do corenta por cento son galegas. O resto están seleccionadas entre as principais ofertas españolas e internacionais.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.