CASA DE SENDÓN

Civil
469
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Berdeogas (Santiago)

Lugar: A Vacariza

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 02' 06.9" N - 9º 06' 07.2" W

Descrición

Situada á beira do camiño, está rodeada por un muro que rodea todo o perímetro do terreo que lle pertence, coas construcións adxectivas próximas á mesma.
A súa orixe está na vivenda tradicional coruñesa, transformada polas influencias que recibe da arquitectura culta, o que se pode apreciar nos vans da fachada da planta térrea, con arcos e no feito de dispoñer no andar superior, por evolución das fachadas, de fiestras, balcóns e miradoiros, ou mesmo unha galería, última evolución.

Acceso

Dende a capital municipal do Concello de Dumbría, saír pola estrada DP-3404 cara o NO, no cruce xirar á dereita pola AC-552 dirección A Coruña. No seguinte cruce, volver xirar á dereita pola AC-442 dirección Berdeogas – Negreira – Santiago. Xa dentro de Berdeogas, coller á esquerda pola CP-3401, a 300m está a Casa de Sendón á man dereita da estrada.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba