CENTRAL DO PINDO

Civil
459
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)

Lugar: O Ézaro

Rúa Río do Barco s/n

15297  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 46.8" N - 9º 07' 15.1" W

Descrición

Edificio do 1903, con marcada horizontalidade, organizándose o espazo nunha planta rectangular de 6m de altura, con cuberta de tella do país a dúas augas.
A disposición dos ocos na fachada realízase de forma sinxela, mantendo un ritmo macizo - van axeitado, sendo as fiestras de traza vertical e con lintel en arco de medio punto. Uns óculos sitúanse no “espazo macizo” do paramento. Os muros están pintados en cor branca, marcándose os esquinais con pezas de cantería.
Actualmente funciona como central hidroeléctrica e como Centro de Interpretación da Electricidade.

Acceso

Saír da capital municipal do Concello de Dumbría pola estrada DP-3404 dirección NO, no cruce coller á esquerda pola AC-552 dirección Cee – Fisterra. Xa en Cee, xirar á esquerda pola AC-550 dirección Muros. Cara o final do pobo do Ézaro, xirar á esquerda pola DP-2308 dirección Fervenza e Miradoiro do Ézaro. Aparcar nas inmediacións do porto deportivo e continuar a pé uns 300m ata a Central do Pindo, situada pouco antes da Fervenza do Ézaro.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba