CENTRAL HIDROELÉCTRICA CASTRELO

Civil
1279
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)

Lugar: O Ézaro

15297  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 45.6" N - 9º 07' 10.7" W

Descrición

O edificio forma parte dun conxunto hidroeléctrico situado aos pés da Fervenza do Ézaro. Datada na primeira metade do s.XX, trátase dun volume paralelepípedo con cuberta de tella plana a catro augas. Conta con planta soto con piares de gran grosor. No exterior, os muros quedan recebados e pintados de branco, aínda que os paramentos combinan a pedra en forma de pezas de cantería en esquinais e no zócolo.
Os ocos responden tipoloxicamente ás necesidade do espazo interior, xa que pódese atopar con dous modelos de fiestras, unhas cadradas máis pequenas e outras de gran tamaño, de disposición vertical, que forman entradas de luz.

Acceso

Saír da capital municipal do Concello de Dumbría pola estrada DP-3404 dirección NO, no cruce coller á esquerda pola AC-552 dirección Cee – Fisterra. Xa en Cee, xirar á esquerda pola AC-550 dirección Muros. Cara o final do pobo do Ézaro, xirar á esquerda pola DP-2308 dirección Fervenza e Miradoiro do Ézaro. Aparcar nas inmediacións do porto deportivo e continuar a pé uns 320m ata a Central Hidroeléctrica Castrelo, situada pouco antes da Fervenza do Ézaro.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba