IGREXA PARROQUIAL SAN TIRSO DE PORTOCELO

Relixioso
538

Localización

Parroquia: Portocelo (San Tirso)

Lugar: Vilachá

27877  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 43' 27.0" N - 7º 31' 43.2" W

Descrición

Construída no ano 1928, consta de nave central, cun altar principal e un retablo de estilo barroco do século XVII e dous secundarios, ademais dunha torre con espadana de dous ocos que alberga o campanario con dúas campás. 
A pesar de ser o templo máis novo, a parroquia de Portocelo é unha das máis antigas, pois xa aparece como tal no século XIII en documentación histórica. Antes da construción desta igrexa parroquial, nos anos vinte do século pasado, o culto realizábase na ermida de San Tirso (hoxe en ruínas), situada a carón do mar, entre as aldeas de Portocelo e Vilachá. 
A imaxe do patrón da parroquia procede do taller do escultor ribadense Domingo Preto, e foi encargada na primeira metade do século XVII.

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación), tomar a rúa Doutor Baamonde Illade a man dereita e dirixirse ao norte pola estrada LU-P-2601 durante 3 Km. e xirar á esquerda, dirección Portocelo, tomando a estrada LU-P-2607 e continuando ata Vilachá 3 km. máis. Xirar á esquerda no indicador que pon Igrexa de Vilachá, a 20 metros torcer lixeiramente á dereita, a igrexa atópase de fronte a uns 30 metros. 
Arriba