CASA DO CONCELLO

Civil
706
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Maior 1

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 08.0" N - 7º 51' 49.9" W

Descrición

A Casa Consistorial, centro do goberno da cidade, preside a Praza Maior de Ourense coa súa fachada clasicista. Rematada en 1888, foi a terceira que tivo a cidade. O Concello levantou a súa primeira casa consistorial entre os anos 1516 e 1518. Até ese momento, as reunións do consello representante do poder civil tiña lugar en atrios de igrexas e prazas, como a próxima da Alameda. No 1700 imponse a construción dun novo edificio: unha das primeiras incursións arquitectónicas de Castro Canseco. En 1873 un derrubamento obriga a levantar un terceiro edificio. A obra pasa por varios arquitectos, entre eles Queralt, pero acaso quen máis aportou a esta obra coral foi o arquitecto Manuel de Uceda, sendo rematada en 1888 cunha fachada clasicista con baixo porticado. A actual fachada está rematada con reloxo e escudo, único elemento conservado do segundo edificio. O interior organízase ao redor dunha maxestuosa escaleira central pola que se accede ao Salón Nobre, presidida por unha impoñente cristaleira e o escudo da cidade (único elemento conservado do primeiro edificio).

Acceso

Na zona monumental da cidade.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba