CEMITERIO SAN FRANCISCO

Civil
371
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa da Granxa

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 09.3" N - 7º 51' 35.2" W

Descrición

Romántico cemiterio na parte alta da cidade, nas abas do Montealegre, vinculado ao antigo convento de San Francisco. A súa historia remóntase a comezos do século XIX, cando a cidade, inmersa nun proceso de transformación e crecemento, viuse necesitada dun novo camposanto que cubrise a crecente demanda e estivese fóra do núcleo urbano. En 1834 se inaugura e en 1887 constrúese, nun pequeno anexo, o cemiterio laico.
O seu interese radica tanto na beleza e monumentalidade das súas sepulturas (obra de artistas como Piñeiro, Víctor Macho, Faílde… pero tamén saídos da emblemática metalurxia Malingre) como nos seus moradores, xa que aquí descansan grandes nomes da literatura, as artes e o pensamento: Blanco Amor, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Lamas Carvajal, Cuevillas, Xavier Prado «Lameiro», Marcelo Macías, ou os pintores  Fernández Mazas, Prego de Oliver, Parada Justel e Jesús Soria. Conta o cemiterio coa súa Asociación de Amigos, da que foi presidente de honra o poeta José Ángel Valente (aquí enterrado), e que durante anos pelexou polo seu recoñecemento e protección, logrando que no ano 2000 fose declarado Ben de Interese Cultural.

Acceso

Na parte superior da zona monumental, pódese acceder dende esta pola rúa da Estrela, e cruzando Emilia Pardo Bazán continuar cara a Rúa da Granxa. Ó inicio dela atópase o cemiterio.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Cemiterios singulares
Arriba